Cultura, ocio, tempo libre|

A Casa da Cultura de Porto do son acollerá o xoves 19 de marzo, ás 19:00 horas, o espectáculo ‘Abril’, incluído na rede cultural da Deputación da Coruña.

Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) integran este proxecto no que melodías tradicionais galegas e ibéricas son adaptadas a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura.

‘Abril’ é unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade. ‘Abril’ é tradición renovada; sons de raíz en harmonía co presente. Un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade.

Comments are closed.

Close Search Window