O Real Club Náutico Portosín acolleu a pasada fin de semana a primeira proba do 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗶𝗼𝗻𝗮𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 e do 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗶𝗼𝗻𝗮𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝗽𝗮𝗻̃𝗮 𝗜𝗻𝗰𝗹𝘂𝘀𝗶𝘃𝗼 𝗱𝗲 𝗠𝗼𝘁𝗼𝗻𝗮́𝘂𝘁𝗶𝗰𝗮-𝗚𝗿𝘂𝗽𝗼 𝗗𝗮𝘃𝗶𝗹𝗮, unha posta de longo que contou cunha cifra marca de participación de ata 17 equipos. O evento tamén contou coa visita do Secretario Xeral para o Deporte Galego da Xunta de Galicia, Roberto García e co concelleiro de Deportes de Porto do Son, Carlos Lorenzo.
O trazado entre boias, tipo slalom, con recollida e depósito de cesta-pelota, fondeo e cabo de amarre atrapado con bichero, montado sobre unha lámina de auga na bocana do porto deportivo debía ser completado en aproximadamente 4 minutos. O tándem vigués formado por José Luís Fernández e Montserrat Pérez foron os que máis se aproximaron, trazando o circuíto en 4´16”, obtendo 206 puntos. A tan só 4 segundos posicionábanse os lalinenses Cristina García e José Manuel Santiso, con 210 puntos. E terceiros foron os noieses Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas, con tan só 1 punto máis dos segundos clasificados
O Secretario Xeral mostrou a súa gran satisfacción polo labor desenvolvido pola Real Federación Gallega De Motonautica e a Adeco-Dea Noia en materia de integración e encomiou a pericia demostrada polos pilotos e as súas tripulacións á hora de axustar os tempos, un contador que só poden realizar de xeito mental sen o uso de calquera tecnoloxía, así como a capacidade de memorizar o circuíto, bastante complexo de realizar tendo en conta os pasos por babor ou estribor de cada boia
A cita tamén serviu para aproveitar a ocasión para realizar a entrega de premios da tempada de 2025, tanto do galego como do nacional, sendo o título para Pepe Barrio que ao longo do campionato estivo acompañado por dous dos seus tripulantes, María Barrio e Joaquín Barrio. O título de Campións de España de 2025 foi para Enrique Dios e María Barrio.
Ademais do Secretario Xeral e do concelleiro de Deportes de Porto do Son, a entrega de premios contou coa presenza do director de deportes, Luís Otero; o presidente de ADECO-DEA, Pepe Barrio; e José Codesido e Fernando González, presidente e vicepresidente, respectivamente, do Real Club Náutico de Portosín.





