A Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor e o Concello de Porto do Son presentaron este domingo o conxunto de actos litúrxicos que se levarán a cabo no municipio durante a Semana Santa 2026. Antes disto, o consiliario e párroco D. José Ramón Jorge Mosquera presentou a D. Francisco, sacerdote que se incorpora á Unidade Pastoral de Porto do Son.
O pregón foi a cargo do M. I. Sr. D. Carlos Álvarez Varela, cóengo da SAMI Catedral de Santiago de Compostela e párroco de San Miguel dos Agros da cidade de Santiago.
A continuación D. Juan Pérez Pouso, Irmán Maior da confraría presentou o cartel e os actos litúrxicos. Como principal novidade, destacouse que se modifican algúns percorridos nas procesións para evitar procesionar pola estrada xeral. Estes serían na tarde do Xoves Santo e a noite do Venres Santo.
No acto tomaron parte a tenente alcalde, María Maroñas, e os concelleiros José Luis Lijó, Alicia Mª Martínez e Magdalena Pérez.
A programación está dispoñible na páxina web da Confraría.

