Do 26 de febreiro ao 7 de maio, Porto do Son acollerá o Programa de promoción de Saúde da Xunta de Galicia, unha iniciativa destinada a persoas maiores de 50 anos.
As xornadas terán lugar no local do Club de Xubilados de Porto do Son, en horario de mañá a partir das 10:30 h. As persoas interesadas poderán inscribirse no departamento de Deportes, a través do teléfono 981 767 589 ou a través do enderezo electrónico deportesdoson@gmail.com
- SESIÓN INFORMATIVA SOBRE BENESTAR EMOCIONAL – Xoves, 26 febreiro 2026
Charla dunha hora de duración co fin de concienciar da importancia do benestar emocional e capacitar á poboación cara a hábitos máis saudables.
- SESIÓN INFORMATIVA SOBRE HIXIENE DO SONO – Xoves, 26 febreiro 2026
Charla dunha hora de duración sobre a calidade do sono e as consecuencias dun mal descanso co fin de capacitar ás persoas para que melloren a calidade do mesmo.
- PROGRAMA BENESTAR EMOCIONAL – A partir do xoves, 5 de marzo 2026
Programa de 8 semanas, dunha hora e media de duración cada sesión, onde descubrir estratexias que favorezan o noso benestar emocional na vida cotiá.


