Xuventude e deporte|

O Concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, presentou hoxe unha nova edicion do Xtosín Trail, a proba que pechará este domingo, 22 de febreiro, o Circuíto Trail Series Arousa Neo tras a primeira proba disputada anteriormente en Outes.

A proba sonense, que combina a dureza do percorrido cunhas paisaxes espectaculares, inclúe tres distancias: unha longa de 21 quilómetros e un desnivel de 980 metros, outra curta de 15km que ten un desnivel de 750 m e unha andaina de 15km.

Pechadas as inscricións, prevese unha participación de máis dunhas 350 persoas, sumando as tres modalidades da competición, e onde a saída realizarase dende o porto pesqueiro de Portosín.

Lorenzo destacou que “confiamos que esta proba, que naceu no ano 2023, volva a ter una gran acollida e todas as persoas participantes poidan desfrutar facendo deporte nunha contorna única e máxica”. Ademais aproveitou para “agradecer tamén o traballo das distintas entidades que colaboran na proba”.

Organizan Arousa Neo, Sachacamiños e o Concello de Porto do Son.

 

Comments are closed.

Close Search Window