Cultura, ocio, tempo libre|

O concurso de adultos de disfraces de entroido cambia de data.

Así, o vindeiro domingo, 22 de febreiro, a partir das 17:00 h, terá lugar o concurso de adultos de disfraces que organizarase en tres categorías: individual, grupo e comparsas.

A xornada volverá estar marcada pola música, a diversión e contará co pasarrúas, que irá desde a Casa da Cultura á carpa da fachada marítima coas persoas concursantes. Tamén terán lugar as actuacións ‘Sweet Candy’ de Pablo Méndez e da Comparsa Os Solfamidas de campo lameiro. Todo isto presentado por Juan de Troula que será o encargado de elixir o xurado popular ante o público asistente. No caso de choiva a xornada celebrarase no pavillón de Santa Irene.  

Ampliación do prazo de inscrición

O prazo de inscrición para o concurso de disfraces de adultos amplíase ata o venres, 20 de febreiro, ás 11:00 h. As persoas interesadas poderán realizar a súas inscricións presencialmente no rexistro do Concello ou telemáticamente a través da sede electrónica municipal.

Comments are closed.

Close Search Window