Benestar social e igualdade, Cultura, ocio, tempo libre|

A Casa do Cultura de Porto do Son acolleu o pasado sábado, 18 de outubro, a narración oral ‘Vicio houbo sempre’ de Atenea García.

As persoas asistentes puideron gozar desta divertida e fresca proposta de narración oral, que presenta historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade. A peza fala do amor e da vida que sempre houbo nas marxes fiando contos sobre a diversidade sexual, a ausencia na emigración e, como non, a diversión nos bailes das festas. Todo, ao ritmo de historias e cancións acompañadas coa pandeireta.

Comments are closed.

Close Search Window