Cultura, ocio, tempo libre|

A Casa da Cultura de Miñortos acollerá o vindeiro domingo, 12 de outubro, o contacontos musical ‘Os rizos de Lía’.

Tulis, a contadora aventureira, contará a historia de Lía, unha nena valente que emprende unha viaxe chea de emocións, aventuras e descubrimentos. A través do conto, o público infantil conecta con valores como a amizade, a autoestima, o respecto pola identidade ou a importancia de confiar nunha mesma. Todo isto acompañado de música para reflexionar, emocionarse… e bailar.

Terá lugar ás 18:00 horas.

Comments are closed.

Close Search Window