Educación, Obras|

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado polos concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, e de Benestar Social, Jose Luis Lijó, reuníronse onte coa directiva e co ANPA do IES Porto do Son para coordinar o comezo do curso e informar sobre as obras de reforma que se levarán a cabo no pavillón municipal. 

O rexedor trasladou o reporte facilitado por parte da consellería que informa sobre o proceso da actuación na instalación deportiva, así como tamén comunicou que se vai licitar por anticipado de gasto no mes de outubro. Oujo tamén sinalou que “a previsión e o noso obxectivo é que as obras de reforma do polideportivo dean comezo na maior brevidade posible”.

“Está é unha obra moi necesaria, xa que este recinto deportivo necesita dunha actuación para responder á demanda existente no Concello xa que nestas instalacións practícanse unha ampla variedade de disciplinas deportivas e da servizo a moitos veciños e veciñas”, finalizou Oujo. 

O Concello pon a disposición instalacións 

Paralelamente, o Concello pon a disposición do instituto as instalacións municipais do polideportivo de Portosín e a piscina, para dar servizo aos ciclos medio e superior de Deportes durante o tempo que duren as obras.  

Tras a reunión, a directiva e a ANPA do IES agradeceron a visita institucional e a información proporcionada, así como tamén a disposición das instalacións municipais. 

Comments are closed.

Close Search Window