Por mor das malas previsións meteorolóxicas, o concerto Wifi de Javier Otero Neira programado para este sábado, 30 de agosto, foi APRAZADO para o vindeiro 6 DE SETEMBRO. Terá lugar na fachada marítima de Porto do Son a partir das 20:00 horas.
As persoas interesadas poderán reservar a entrada na Casa da Cultura de Porto do Son ou nos teléfonos 981 767 758 ou 604 026 138, en horario de 8:00 a 14:00 h.
“Escoitando o silencio” é un proxecto innovador no que, mediante o uso de tecnoloxía WIFI, Javier Otero Neira fai un exercicio sen precedentes, cunha proposta artística baseada na intervención musical en espazos únicos nas que o silencio perdura no entorno, e, respectando ese silencio, transcorre o concerto de piano e electrónica con auriculares de última xeración.
Trátase dunha intervención artística de Javier Otero Neira na que música e tecnoloxía danse a man coa contorna, de xeito moi especial, integrando ademáis a luz e ao propio espectador converténdoo nun espazo interactivo e multidisciplinar, nunha experiencia difícil de explicar pero fácil de intuir. O son chega aos ointes grazas á tecnoloxía SilentSystem (auriculares conectados a través dunha rede WIFI) que permite aos asistentes moverse libremente, levando consigo a música en total silencio ao tempo que se empapan do espazo, o vento, o solpor, a natureza… e por suposto a música.


