O vindeiro xoves, 14 agosto, ás 21:30 horas a praza de España de Porto do Son acollerá o concerto de Óscar Ibáñez & Tribo.
Grupo de música folk liderado polo gaiteiro e flautista galego Óscar Ibáñez e integrado por excelentes músicos de longa e recoñecida traxectoria, que formaron parte das bandas dos artistas e grupos máis destacados da música folk galega, como Fernando Fraga (Carlos Núñez), acordeón; Harry.c (Milladoiro), violín; Carlos Calviño (Roi Casal), guitarra; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; e Andrés Vilán (Pepe Vaamonde Grupo), batería e percusión. Con esta formación Óscar Ibáéz realizou máis de 200 concertos por toda a Península Ibérica, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais máis importantes.
Entrada de balde ata completar capacidade.
Actividade que conta co apoio da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.


