Xuventude e deporte|

A Andaina do Polbo, unha das probas máis esixentes do verán, chega a Porto do Son o vindeiro 9 de agosto.

As persoas participantes deberán estar na fachada marítima ás 08:00 horas para coller un autobús ata Boiro e percorrer os 23 quilómetros que compoñen este roteiro.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través do correo electrónico osoncamina@gmail.com, por un prezo de 10 euros. Para máis información, poden chamar ao 981 767 589.

Mostrando PULPO.jpeg

Comments are closed.

Close Search Window