Festexos, Maiores i dependencia|

Porto do Son celebrou, un ano máis, a súa tradicional Xuntanza da Confraternidade, un evento co que se busca recoñecer e homenaxear aos máis maiores do municipio. 

Esta XXIII edición incluíu unha misa na igrexa de San Vicente de Noal cantada polo Coro Parroquial de Porto do Son e un xantar que se levou a cabo na carpa da zona portuaria. 

O alcalde, Luis Oujo, tomou parte na cita, cualificándoa como “esencial” e incidindo en que funciona como “punto de encontro e confraternización para os nosos maiores”.

Comments are closed.

Close Search Window