O Concello de Porto do Son abrirá o vindeiro mércores, 2 de xullo, ás 9:00 horas, o prazo para anotarse na iniciativa ‘Xuventude na Rúa 2025’, unha alternativa lúdica, cultural e deportiva para a rapazada de entre 13 a 17 anos (nados/as do 2008 ao 2012) durante esta tempada estival.
As actividades levaranse a cabo os días 16,18,23 e 30 de xullo e 1,6,8 e 13 de agosto. Así, a rapazada poderá participar nesta proposta lúdico-cultural que se levará a cabo en horario de 10:30 a 13:30 horas.
Todas as familias interesadas poderán anotarse no rexistro municipal e na sede electrónica, a partir do 2 de xullo. Tamén poderán obter máis información nos teléfonos 981 767 589 e 698 197 909.
DESCARGA O FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Desde o grupo de goberno animan a participar nesta iniciativa que “fomenta realizar actividades ao aire libre e na que se levarán a cabo propostas relacionadas co xogo grupal e non competitivo, relacionadas coa igualdade, así como tamén o respecto pola contorna e pola natureza”.
