O Concello de Porto do Son pon en marcha, a partir de xaneiro, un ciclo de xornadas para a búsqueda de emprego. Trátase dunha serie de sesións, de periodicidade mensual, nas que os participantes aprenderán e dominarán cuestións importantes para a súa búsqueda de emprego. A temática das xornadas é moi variada e nelas abordaranse temas como a necesidade de planificar a búsqueda de emprego, cómo facer un currículum, prepararse para unha entrevista de traballo, búsqueda de emprego a través de Internet, etc.
A primeira destas sesións, que leva por título “Cómo planificar a túa búsqueda de emprego”, vai ter lugar o mércores 21 de Xaneiro (16.30h). Nesta sesión os participantes aprenderán a planificar a súa busca de emprego, coñecerán os servizos á súa disposición na zona, erros frecuentes que se cometen na búsqueda de emprego, etc; cuestións que lle serán de gran axuda e que farán máis efectiva a súa búsqueda de emprego.
Máis información e inscripcións na Oficina de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son (981 76 75 89 ).