Emprego, Formación|

Cartel-xornadas-emprego-16

O Concello de Porto do Son vai poñer en marcha a partir do mes de Xaneiro un novo ciclo de Xornadas para a Busca de Emprego, coas que se pretende dotar ás persoas desempregadas de ferramentas que lle axuden a atopar un traballo con maior facilidade.

A través destas xornadas, de carácter mensual e gratuíto, os participantes familiarizaranse dunha maneira práctica e amena co uso de distintas ferramentas para a busca de emprego, coñecerán recursos e servizos á súa disposición para mellorar a súa busca, etc.

A distribución no calendario e os contidos de cada sesión son os seguintes:
– Xaneiro: Cómo planificar e organizar a túa busca de emprego.
– Febreiro: O currículo e a carta de presentación.
– Marzo: A entrevista de traballo.
– Abril: Emprego e xuventude.
– Maio: Busca de emprego a través de Internet.

As sesións, de dúas horas de duración, vanse desenvolver nas aulas do Viveiro de Empresas. Tal e como se fixo en edicións anteriores; mensualmente e con carácter previo, dende o Servizo de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son, anunciarase o día e hora de cada unha delas así como a forma de inscrición nas mesmas.

Máis información no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son (Casa do Concello – 2º andar).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close Search Window