
XORNADA “MOITO QUE FACER!” EN PORTO DO SON
A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) estará o vindeiro 23 de
agosto en Porto do Son desenvolvendo a Xornada Moito que facer! que se celebrará de
10:00 a 14:00h na Praza de España.
Moito que facer! trátase dunhas xornadas itinerantes polas catro provincias galegas, que se
celebrarán en 24 localidades distintas, co obxectivo de sensibilizar á poboación na importancia
de que a igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade se entendan tendo en conta a
diversidade familiar da nosa sociedade.
A xornada está dirixida a todo tipo de familias, que poderán participar en distintas actividades
que terán como fío conductor o Moito que facer a través da súa dobre interpretación: por unha
banda os moitos “quefaceres” diarios que deben atender as persoas que coidan e por outra
banda o moito que queda lle queda por facer á sociedade para que exista unha verdadeira
corresponsabilidade no eido dos coidados:
● A partir das 10:00 habilitarase unha carpa informativa onde se poderá acceder a
materiais e recursos relacionados coa conciliación, a corresponsabilidade e os coidados
con perspectiva de xénero, obter información sobre a lexislación actual, acceder a un
webinario sobre corresponsabilidade, etc.
Poden achegarse tamén as persoas que precisen asesoramento sobre
monoparentalidade: como solicitar o certificado de familia monoparental, rede de apoio,
información sobre axudas, dereitos, lexislación, etc.
● Ás 12:00 haberá unha charla formativa e un faladoiro, onde se afondará nos datos
que amosan o impacto que teñen nas vidas das mulleres as desigualdades que existen
respecto ás tarefas do fogar e da crianza. Conversarase sobre o papel que xoga o tipo
de estrutura familiar na conciliación, e das consecuencias persoais, familiares e laborais
que ten a imposibilidade de conciliar axeitadamente na saúde e no benestar de todos os
membros da familia.
Os nenos e nenas que asistan poderán participar e ser protagonistas nun xogo sobre a
corresponsabilidade no fogar.
Todas as personas inscritas que participen na charla informativa ou no faladoiro recibirán
un agasallo.
As inscricións pódense facer en www.fagamos.com ou na mesa informativa o mesmo
día da xornada.
Esta actuación forma parte do proxecto “Currunchiños de Conciliación” do Plan Corresponsables e está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad.
Contacto: info@fagamos.com – Tfno: 881.563.212