Cultura, ocio, tempo libre, Medio Ambiente e cambio climático|

🍃 Xornada inaugural informativa da posta en marcha do Centro de transformación de produtos do monte da Comunidade de Montes de Baroña.

A Plataforma pola Defensa do Monte no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha xornada informativa o 30 de XUÑO na Comunidade De Montes De Baroña.

→ O acceso deberase facer a pé.
→ Os coches deberanse estacionar na contorna do Campo de Fútbol.

Esta xornada cun carácter festivo e aberto á cidadanía dá o disparo de saída ao centro de transformación do Barbanza. Este novo espazo permitirá a valorización dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais da rexión.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

✳️ 9:30/12:30h | Xornada deseucaliptizadora no monte de Baroña
Coordinada pola Fundación Montescola
👉 Inscrición necesaria ata o venres 27 en: info@montescola.org

✳️ 11:00/19:00h | Mercado de produtos locais coa participación de:
Sachos a Rúa (Horta, conservas e artesanía)
Mercado dos Tilos (Horta, mel e doces)
Mercado Darredor (Horta, conservas e zumes)
TresOficios (Transformación de madeira e ebanistaría)
CMVMC de Baroña (Chourizos de poldro e mel).

✳️ 12:30/13:00h | Presentación do proxecto ca intervencións de:
Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte
Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC de Baroña
Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA.

✳️ 13:00/13:30h | Exposición do uso dun serradoiro móbil
Coordinada pola Comunidade de montes veciñais de Baroña.

✳️ 13:30/15:00h Degustacións e mostraxe de cociña e degustación co chef José Manuel Mallón, de pratos preparados con carne de poldro galego 100% raza autóctona. Ca colaboración de PURAGA.

✳️ 17:00/18:00h | Degustación de produtos vexetais provenientes do monte
e charla sobre obradoiros colectivos de transformación de alimentos.
Ca colaboración de Asociación Daquí darredor.

✳️ 18:00/19:00h | Foliada dinamizada por grupo pandeireteiras locais Alixeiras, Bailadela, Sete linguas, Chorimas e Sonelas, xunto á @bmt suevia.

🤝 Esta actividade está financiada con fondos europeos, grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

Comments are closed.

Close Search Window