Formación|

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume X gozou dunha xornada do máis interesante, grazas á invitación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, na que acudiron a unha demostración do uso dun serradoiro portátil en Leiro, Rianxo.

A actividade foi organizada pola Plataforma pola Defensa do Monte, en colaboración coas comunidades de montes de Leiro e Baroña que cedeu o seu serradoiro portátil Logosol para a demostración.

Os alumnos e alumnas tamén puideron visitar os peches e unha plantación de castiñeiros no monte en Leiro, acompañada da explicación de Emilio Saborido.

Comments are closed.

Close Search Window