Formación|

O edificio de usos náuticos de Porto do Son acollerá o xoves, 30 de abril, o programa de formación ‘Emprende!’, de Galp Costa Sostible. A xornada terá lugar en horario de 17:00 a 21:00 h.

Se tes unha idea de negocio vinculada ao mar, xa sexa no sector da pesca, na economía azul, no medio ambiente, na cultura ou no benestar no territorio Costa Sostible, este programa é para ti.

Diríxese tanto a persoas que están a pensar en emprender como a aquelas que xa iniciaron o seu proxecto e precisan apoio, orientación ou un novo impulso para seguir avanzando.

Traballarase en aspectos clave como a estratexia, o plan de negocio, o marketing ou a comunicación, sempre cun enfoque práctico e adaptado á realidade do territorio e do emprendemento vinculado ao mar.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través do enderezo: galp.mar.costasostible@xunta.gal ou nos teléfonos 981 822 754 – 638 033 467.

CONSULTA O DOSSIER INFORMATIVO

Screenshot

Comments are closed.

Close Search Window