A Casa da Cultura de Porto do Son foi sede o pasado sábado, 13 de decembro, da gala dos XIX Premios Barbantia da Cultura 2025, concedidos pola asociación Barbantia.
O acto serviu tamén para dar luz ao XVIII recompilatorio de A Voz de Barbantia e a publicación do XXI Anuario de Estudos do Barbanza.
Os gañadores dos ‘sereos’ desta XIX edición Premios Barbantia da Cultura foron:
- Antonio Pérez, pintor ribeirense cuxa obra é unha xanela aberta á expresión, á mirada profunda e á capacidade transformadora da arte plástica.
- Manuel Olveira, artista, escritor e crítico de arte, unha figura imprescindible para comprender o papel da creación contemporánea e o diálogo permanente entre pensamento, estética e sociedade.
- E o Museo Valle-Inclán de A Pobra, gardián dunha memoria literaria imprescindible, que mantén viva a pegada dun dos autores máis singulares e universais da literatura galega e española.












