Cultura, ocio, tempo libre|

Porto do Son volverá ser unha das localizacións dos Obradoiros de Verán de Taller Alecrín.

A iniciativa consistirá en obradoiros gratuítos de baile social e linedance a ritmo de bachata, kizomba, chachachá, swing, disco, funky, etc.

No caso de Porto do Son, estes levaranse a cabo o mércores, 15 de xullo, na Casa da Cultura de Queiruga e o xoves, día 23, na Casa da Cultura de Portosín.

As sesións de linedance terán lugar de 20.30 a 21.30 horas, mentres que as de baile social celebraranse de 21.30 a 22.30 horas.

En ambos os casos requirirase inscrición previa a través do teléfono 698 150 432.

Comments are closed.

Close Search Window