O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado polo concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, visitaron a Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia que estivo durante o día de hoxe, 12 de maio, prestando servizo diante do Asador do Hórreo.
Esta Oficina levou a cabo un conxunto de servizos de apoio de forma gratuíta cunha atención personalizada para resolver dúbidas, prestar acompañamento e procurar unha orientación de calidade. Entre elas:
-
- Asesoramento sobre programas de apoio ao retorno.
-
- Asistencia en trámites administrativos incluíndo xestións de temas relacionados coa sanidade, educación e seguridade social.
-
- Información tributaria.
-
- Orientación laboral, axudando na busca de emprego en Galicia e validación de títulos obtidos no estranxeiro.
-
- Información sobre opcións de vivenda.




