Medio Ambiente e cambio climático|

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, xunto ao concelleiro de Deportes e Xuventude, Carlos Lorenzo, visitaron este luns a carpa informativa 𝘼𝙜𝙤𝙧𝙖 𝙩𝙚𝙢𝙤𝙨 𝟱 𝙘𝙤𝙣𝙩𝙚𝙙𝙤𝙧𝙚𝙨, situada na Praza de España.

A campaña, que se inicia en Porto do Son, vén promovida pola Mancomunidade Serra do Barbanza e Ecoembes. Nela explicase con detemento a chegada do 𝗻𝗼𝘃𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗲𝗱𝗼𝗿 𝗴𝗿𝗶𝘀, o contedor de resto, destinado a aqueles residuos que non sexan envases ou que non teñan un lugar específico de recollida no municipio: produtos hixiénicos usados, máscaras, cueiros, xoguetes rotos, cristais, vaixelas ou cubertos, obxectos de plástico ou metal que non sexan envases etc.

Podedes atopar toda a información aquí.

𝑅𝑒𝑐𝑖𝑐𝑙𝑎 𝑒 𝑢́𝑛𝑒𝑡𝑒 𝑎𝑜 𝑚𝑜𝑣𝑒𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜 𝑑𝑎 𝑒𝑐𝑜𝑛𝑜𝑚𝑖́𝑎 𝑐𝑖𝑟𝑐𝑢𝑙𝑎𝑟

Comments are closed.

Close Search Window