O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible activou descontos de ata o 90% para facilitar aos mozos de entre 18 e 30 anos viaxar en transporte público este verán, tanto por España como por Europa
🙋 Quen pode beneficiarse?
As persoas nadas entre 1994 e 2006, con nacionalidade española ou con residencia legal en España
🚞 Para viaxar cando, como e onde?
As rebaixas aplicaranse nos billetes sinxelos e de ida e volta dos trens e dos autobuses de titularidade estatal e dos pases Interrail que teñan data para viaxar entre o 1 de XULLO e o 30 de SETEMBRO de 2024
🤝 Que tipo de descontos hai?
🔸 O prezo dos billetes de autobús estatal e ferroviarios de media distancia e ancho métrico terán unha rebaixa do 90%
🔸 Os billetes de Avant e de alta velocidade, así como o Global Flexible de Interrail de 10 días en 2 meses, terán un desconto do 50%
Máis información en:
www.transportes.gob.es/transporte_terrestre/verano-joven