Porto e lonxa de Portosín

O porto pesqueiro de Portosín é base dunha das máis numerosas frotas de cerco de Galicia que, sobre todo, captura especies como xurelos, xardas ou a riquísima sardiña, converténdoo nun importante porto de descarga de peixe azul. A súa calidade impulsou que o porto obtivese o selo Azul de Portosín, unha marca de calidade que visibiliza ás empresas e traballadores que se dedican á pesca destas especies.
Escoita! Os toques da serea da lonxa informan ao longo do día do tipo e volume das capturas dos barcos de cerco.
Na zona da mariña está situado o Real Club Náutico de Portosín, que fomenta o desenvolvemento de actividades náuticas, estando especializado na navegación a vela. Ademais, acolle importantes regatas e campionatos.
O Real Club Náutico de Portosín é tamén unha das paradas de referencia da Travesía Náutica Xacobea, unha das rutas marítimas do Camiño de Santiago, e o vínculo do municipio cun dos maiores patrimonios materiais e inmateriais de Galicia.
El puerto pesquero de Portosín es base de una de las más numerosas flotas de cerco de Galicia que, sobre todo, captura especies como jureles, caballas o la riquísima sardina, convirtiéndolo en un importante puerto de descarga de pescado azul. Su calidad impulsó que el puerto obtuviera el sello Azul de Portosín, una marca de calidad que visibiliza a las empresas y trabajadores que se dedican a la pesca de estas especies.
¡Escucha! Los toques de la sirena de la lonja informan a lo largo del día del tipo y volumen de las capturas de los barcos de cerco.
En la zona de la marina está situado el Real Club Náutico de Portosín, que fomenta el desarrollo de actividades náuticas, estando especializado en la navegación a vela. Además, acoge importantes regatas y campeonatos.
El Real Club Náutico de Portosín es también una de las paradas de referencia de la Travesía Náutica Xacobea, una de las rutas marítimas del Camino de Santiago, y el vínculo del municipio con uno de los mayores patrimonios materiales e inmateriales de Galicia.
CONCELLO DE PORTO DO SON
Rúa Atalaia, 7
15970 · Porto do Son (A Coruña)
T: 981 867 412
Tels. Rexistro: 881 862 318 / 881 988 550 / 881 988 340