Orde do 30 de xullo (DOG no 157, de 19 de agosto de 2025) pola que se destinan subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 ao 2027. Procedemento BS623C “Inclusión Social e loita contra a pobreza”.
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
O obxectivo principal desta axuda fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos.
O resultado que se pretende acadar é mellorar a inclusión socio laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social no Concello de Porto do Son


