Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX):

Servizo dirixido ao colectivo xuvenil que ten por finalidade ofrecer información e asesoramento aos mozos e mozas sobre temas do seu interese garantindo a igualdade de oportunidades no acceso aos servizos e programas que as administración poñen en marcha para eles.
Dende a OMIX organizamos e colaboramos con actividades socioeducativas que promoven a participación xuvenil e ofrecen alternativas para o seu tempo libre.

Entre as nosas actividades:

  • TALLERES FORMATIVOS:
    Interpretación do patrimonio natural; radioteatro, horta, etc…
  • XUVENTUDE NA RÚA.
    Programa lúdico e formativo para a época de verán.
  • PEQUEMONITORES.
    Actividade de aprendizaxe – servizo dirixido a mozos e mozas de 12 a 17 anos.
Close Search Window