PROGRAMA DE VALORACIÓN, ORIENTACIÓN E INFORMACIÓN

Consiste nun conxunto de atencións de carácter informativo e de intervención social, dirixidas á poboación en xeral e a sectores con necesidades específicas sobre prestacións e servizos do Sistema Público de Servizos Sociais e de outros sistemas de protección social.

Obxecto:

  • Facilitar información e garantir o dereito de acceso universal ao sistema galego de servizos sociais a todas as persoas.
  • Estudar, valorar e avaliar as situacións de necesidade dando acceso e xestionando os recursos propios do sistema de servizos sociais, así como dirixindo e orientando no caso de demandas a outros recursos específicos ou especializados.

A quen vai dirixido
Persoas e familias residentes no Concello de Porto do Son.

Información do seu interese:

Para acceder a esta atención é preciso solicitar cita previa presencialmente nas oficinas da Área de Benestar Social municipal ou a través do teléfono 981 867 414

Horario de atención ao público:    
De luns a venres
9h – 14h inverno
9
h – 13h verán

PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR

Consiste en ofrecer un conxunto de atención a persoas ou familias no seu propio domicilio, especialmente naquelas situación nas que teñan limitada a súa autonomía e noutras situación de risco social para as que resulte un recurso idóneo.

Orientadas a manter a súa autonomía persoal.

Orde Xunta Axuda no Fogar.

Ordenanza municipal axuda no fogar.

Obxecto:

Facilitar o desenvolvemento persoal e a permanencia das persoas atendidas na súa contorna habitual.

A quen vai dirixido?:

Fundamentalmente, a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal na súa contorna inmediata.

Servizos:

  • Servizo de Axuda no Fogar
  • Servizo de Teleasistencia domiciliaria
  • Servizo de Xantar na Casa

PROGRAMA DE INFORMACIÓN E APOIO FAMILIAR

Integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias.

Obxecto:                   

Atender e previr as situación que poidan provocar risco social nos e nas menores e as súas familias, desenvolvendo acción que mellores a súa situación.

A quen vai dirixido?:

Familias e menores ao seu cargo con necesidades de apoio socio educativo.

PROGRAMA BÁSICO DE INSERCIÓN SOCIAL

Conxunto de actuacións e prestacións sociais destinadas a satisfacer necesidades económicas básicas e facilitar a inserción social e laboral de persoas e unidades familiares que se atopen en situacións ou risco de exclusión social.

Obxecto:

Detección e valoración das demandas presentadas polas persoas e unidades familiares que se atopen en situacións ou risco de exclusión social, levando a cabo as intervencións máis axeitadas para cada caso: derivación ao recurso idóneo, aplicación de proxectos de intervención social personalizados, asignación das prestacións económicas e sociais necesarias e encamiñadas a satisfacer as súas necesidades económicas básicas e a estimular a súa incorporación social e laboral.

A quen vai dirixido?:

Persoas e unidades familiares en situacións ou risco de exclusión social.

Prestacións

  • Prestación económica de integración social da Xunta de Galicia (RISGA)
  • Axudas económicas de inclusión social da Xunta de Galicia (AIS)
  • Axudas económicas municipais para a inclusión social e a coberturas de situación de necesidade social (AISENS)

PROGRAMA DE FOMENTO DA COOPERACIÓN E DA SOLIDARIEDADE SOCIAL

Dirixido a facilitar a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulsar o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.

Obxecto:

Este programa pretende contribuír, mediante o apoio a persoas voluntarias, asociacións, entidades e organizacións non gobernamentais (ONG), ao desenvolvemento de iniciativas solidarias, de voluntariado social y de cooperación, con especial atención aos colectivos máis desfavorecidos e con maiores necesidades sociais e ás persoas con discapacidade.

A quen vai dirixido?

A entidades do terceiro sector que realicen proxectos de acción e actividades relacionados coa cooperación e a solidariedade social.

Persoas e colectivos interesados en acción e actividades en materia de voluntariado social.

Close Search Window