Centro de día para maiores

Éun recurso xerontolóxico municipal de apoio ás familias que durante o día presta atención integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, e actividade relacional e a permanencia na súa contorna.

T: 981 854 031

Servizos

Programa de prevención do envellecemento e convivencia, que ofrece aloxamento en réxime de pensión completa entre o 24 de decembro e o 7 de xaneiro, a persoas que se atopen soas nesas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amizades, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. 

Servizo de axuda no fogar (SAF)

Servizo público de carácter local consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual. 

Xantar na casa

Servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús. 

  

Servizo de Teleasistencia para persoas con autonomía

Servizo gratuíto que a través da liña telefónica, cun equipamento de telecomunicacións e informática específico e co apoio dos medios persoais necesarios, permite dar resposta inmediata ante situacións de emerxencia, inseguridade, soidade e illamento e potenciar a autonomía da persoa atendida e a da súa familia ou unidade de convivencia.  

*Para solicitalo pedir cita coa traballadora social de referencia. 

Pensión non contributiva de xubilación

Prestación económica individual de carácter periódico que asegura a tódalas persoas en situación de xubilación e en estado de necesidade unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos socias complementarios, aínda que non se teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para acadar o dereito a unha pensión contributiva. 

Termalismo Social IMSERSO

Convocatorias anuais con prazos determinados.  Requisitos: 

  • Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español. 
  • Ser pensionista de viudez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español. 
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español. 
  • Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade. 

Benestar en balnearios

Convocatorias anuais para estadías e  tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos termais que se relacionan.

Máis información sobre este programa: 

Programas

Programa Turismo Social para maiores do IMSERSO (Vacacións)

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos: 

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións. 
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos. 
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos. 
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos. 
  • Deberán valerse por si mesmos e non  padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis. 

PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO:

Está dirixido a persoas maiores de 60 anos ou persoas maiores de 55 pensionistas.

O obxecto deste programa é facer que os maiores participan en actividade sociais, preveñan o deterioro cognitivo, se socialicen, e preveñan as depresións e a soidade.

Para isto dinamizamos as seguintes actividades:

  • TALLERES DE MEMORIA
  • BAILOTERAPIA

Eventos

PASEOS SAUDABLES

7 Marzo 2025 @ 10:30 a.m. – 11:30 a.m. – PASEOS SAUDABLES Quen move as pernas, move o coraSN   Calza os tenis e acompáñanos! TODOS OS VENRES Saída ás 10:30h do Club de Xubilados (paseo de 1 hora aprox.) Dificultade BAIXA   Contamos con todas e todos vós! INSCRICIÓNS ABERTAS na Oficina Municipal de Deportes e no Centro de Saúde de Porto do Son

Ler máis »

PASEOS SAUDABLES

27 Xuño 2025 @ 10:30 a.m. – 11:30 a.m. – PASEOS SAUDABLES Quen move as pernas, move o coraSN   Calza os tenis e acompáñanos! TODOS OS VENRES Saída ás 10:30h do Club de Xubilados (paseo de 1 hora aprox.) Dificultade BAIXA   Contamos con todas e todos vós! INSCRICIÓNS ABERTAS na Oficina Municipal de Deportes e no Centro de Saúde de Porto do Son

Ler máis »

PASEOS SAUDABLES

17 Outubro 2025 @ 10:30 a.m. – 11:30 a.m. – PASEOS SAUDABLES Quen move as pernas, move o coraSN   Calza os tenis e acompáñanos! TODOS OS VENRES Saída ás 10:30h do Club de Xubilados (paseo de 1 hora aprox.) Dificultade BAIXA   Contamos con todas e todos vós! INSCRICIÓNS ABERTAS na Oficina Municipal de Deportes e no Centro de Saúde de Porto do Son

Ler máis »

PASEOS SAUDABLES

22 Novembro 2024 @ 10:30 a.m. – 11:30 a.m. – PASEOS SAUDABLES Quen move as pernas, move o coraSN   Calza os tenis e acompáñanos! TODOS OS VENRES Saída ás 10:30h do Club de Xubilados (paseo de 1 hora aprox.) Dificultade BAIXA   Contamos con todas e todos vós! INSCRICIÓNS ABERTAS na Oficina Municipal de Deportes e no Centro de Saúde de Porto do Son

Ler máis »

PASEOS SAUDABLES

14 Marzo 2025 @ 10:30 a.m. – 11:30 a.m. – PASEOS SAUDABLES Quen move as pernas, move o coraSN   Calza os tenis e acompáñanos! TODOS OS VENRES Saída ás 10:30h do Club de Xubilados (paseo de 1 hora aprox.) Dificultade BAIXA   Contamos con todas e todos vós! INSCRICIÓNS ABERTAS na Oficina Municipal de Deportes e no Centro de Saúde de Porto do Son

Ler máis »

PASEOS SAUDABLES

4 Xullo 2025 @ 10:30 a.m. – 11:30 a.m. – PASEOS SAUDABLES Quen move as pernas, move o coraSN   Calza os tenis e acompáñanos! TODOS OS VENRES Saída ás 10:30h do Club de Xubilados (paseo de 1 hora aprox.) Dificultade BAIXA   Contamos con todas e todos vós! INSCRICIÓNS ABERTAS na Oficina Municipal de Deportes e no Centro de Saúde de Porto do Son

Ler máis »
Close Search Window