Igualdade
Dentro do programa municipal de Promoción da Igualdade e Prevención da violencia de xénero lévanse a cabo varias actuacións ó longo do ano, que teñen como obxectivos principais:
- Promover, impulsar e incrementar unha participación activa da muller na sociedade.
- Sensibilizar á cidadanía sobre a desigualdade de xénero existente na sociedade.
- Impulsar a coeducación e a progresiva eliminación do sexismo na escola, así como a segregación por razóns de xénero na comunidade.
- Previr posibles situacións de violencia de xénero.
- Levar a cabo medidas de protección en favor da muller vítima de violencia de xénero.
Recurosos para muller
VICTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Atención psicolóxica especial a este colectivo e ós seus fillos. Coordinación cos CIM de Noia e Riveira, Corpos de Seguridade, colexios, centros de saúde, hospital.
Intervención directa cas vítimas de violencia de xénero.
ATENPRO: Servizo de Teleasistencia a Vítimas de Violencia de Xénero:
Servizo de apoio a vítimas con orden xudicial, de teléfono con localización de GPS co obxetivo de dar seguridade ante posible acoso do agresores.
Coordinación ca Cruz Vermella deste servizo.
ACTIVIDADES PARA MULLER
Os obxectivos deste programa son a prevención da violencia de xénero e a promoción da igualdade entre homes e mulleres.
Para isto desenrolamos un programa que abarca diferentes intervencións:
Organización de Actividades ó longo do ano:
- 8 de Marzo: CELEBRACIÓN DO DIA DA MULLER
- 25 de Novembro: CELEBRACIÓN DO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:
- Obradoiros de Coeducación en Igualdade nos centros educativos.
Actividades lúdicas de igualdade:
- Adhesión á campaña da Diputación da Coruña “ Só hai unha forma de mirala De fronte á violencia de xénero”. na páxina web da campaña defronte.gal atopamos unha serie de actividades e recursos coeducativos en liña que pudemos difundir e compartir coa veciñanza
- DIA DA DIVERSIDADE SEXUAL: celebrase este día con reparto de material( Carteis, adhesivos, bolsas, chapas, camisetas, dípticos) con logotipo impreso a favor do colectivo LGTBI.” Libertade de Ser e Sentir”.
- IV PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE PORTO DO SON: todas as actividades se enmarcan neste Plan.
- Convocatoria Mesas de Coordinación Local sobre a Violencia de Xénero:coordinación con todos os sectores que poidan ter casos de Violencia de xénero e intentar solucións a este problema. Participa os sectores de sanidade, servizos sociais, corpos de seguridade, educación e xustiza.
RECURSOS DE CONCILIACIÓN MUNICIPAIS
Este recursos xa están noutros apartados pero pode ser interesante que se metan tamén en Benestar, porque son recursos de conciliación.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: é un equipamento diúrno de atención educativa e asistencial a crianzas con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos facilitando , deste xeito, aconciliación laboral e familiar.Tf:981853434
LUDOTECA MUNICIPAL: espazo municipal de conciliación lúdico dirixido a nenas e nenos de 6 a 14 anos de idade. Tf: 981767758.
CENTRO DE DÍA
CONCELLO DE PORTO DO SON
Rúa Atalaia, 7
15970 · Porto do Son (A Coruña)
T: 981 867 412
Tels. Rexistro: 881 862 318 / 881 988 550 / 881 988 340