Programas

REFORZO EDUCATIVO

O obxecto desta subvención é conseguir a inclusión social de diferentes colectivos sociais, e entre eles, están os menores.

Este colectivo é diana do fracaso escolar xa que as familias non lles dan os suficientes apoios, recursos para que os nenos estuden . Moitos deles , detéctase que teñen problemas , algúns discapacidades e outros diagnosticados con algún problema de aprendizaxe ou emocional.

Contratación dun profesor que traballa con eles a nivel escolar e aspectos relacionados cos seus déficits .

Os nenos que participan son derivados de servizos sociais en coordinación cos colexios e é de balde.

A valoración entre a evolución dos nenos e a familia faise entre o profesor e a educadora familiar .

O programa ten como máximo 50 nenos.

AXUDAS ESCOLARES MUNICIPAIS

Convocamos duas liñas de axudas económicas escolares para mercar Libros para Educación Infantil e de Transporte escolar para rapaces que estuden ciclos formativos, universidade ou bachaleralo que non se imparta no concello e duas liñas mais de axudas: axudas para a Conciliación e axudas para Equipos Informáticos

Axudas

Título de Familia Numerosa

Considérase Familia Numerosa a integrada por: 

  • Un ou dous ascendentes con tres ou máis fillas ou fillos, sexan ou non comúns. 
  • Un ou dous ascendentes con dúas fillas ou fillos, sexan ou non comúns, sempre que polo menos un deles teña unha discapacidade ou estea incapacitado para traballar. 
  • Dúas persoas ascendentes, cando ambas tivesen unha discapacidade ou como mínimo, unha delas tivese un grao de discapacidade en grao igual ou superior ao 65%, ou estivesen incapacitados para traballar, con duas fillas  ou fillos,sexan ou non comúns 
  • O pai ou a nai separados ou divorciados, con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares, sempre que se encontren baixo a súa dependencia económica aínda que non vivan no domicilio conxugal. (No caso de que non existira o acordo das persoas proxenitoras sobre as fillas e/ou fillos que se deban considerar na unidade familiar terase en conta o criterio da convivencia) 
  • Dous/dúas ou máis irmáns orfos/as de pai e nai sometidos a tutela, acollemento ou garda que convivan coa persoa titora, acolledora ou gardadora, pero que non estean ás súas expensas. 
  • Tres ou máis irmáns orfos/as de pai e nai, maiores de 18 anos (ou dous, se un deles ten unha discapacidade) que convivan e teñan unha dependencia económica entre eles. 
  • O pai ou a nai con dous fillos, cando teña falecido a outra proxenitora. 

Concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2024 teñan un/unha fillo/a, adopten, sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos ou acollan de xeito permanente a un ou máis menores de ata tres anos de idade e para aquelas outras que, tendo obtido a axuda ou non accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias do ano 2022 e 2023, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito ás contías reguladas no artigo 4.2, así como para aquelas mulleres que no ano 2024 se atopen na semana 21 ou posterior de xestación. 

A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida, a cal só poderá ser utilizada en oficinas de farmacia, parafarmacias, ópticas, librarías, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia que teñan establecemento aberto no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Con carácter xeral, 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes. 

SERVIZO DE EDUCACION E APOIO FAMILIAR

O traballo nesta disciplina ten como obxectivo traballar con familias. Estas familias teñen como características problemas sociais que as levan a pedir axuda ou a ser obxecto de derivación dalgún sector como o sanitario, educativo, xudicial, forzas de seguridade, ou servizos especializados.

Unha das prioridades que contempla son os menores, que son obxecto urxente de actuación.

As actuacións que se levan a cabo son para salvar o seu benestar en todas as súas necesidades de desenrolo, ata que sexan maiores de idade. Polo tanto, o traballo cos seus proxenitores ou acolledores , ten que ser imprescindible para capacitalos como educadores e que poidan eles mesmos desenrolar as capacidades parentais.

Close Search Window