Discapacidade
Axudas e recursos
Recoñecemento do grao de discapacidade
Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes non recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.
Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade
Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Expedirase de oficio para aquelas persoas cuxa resolución de recoñecemento ou de revisión do grao de discapacidade teña lugar a partir do 5 de agosto de 2016.
Tarxeta estacionamento
Tarxeta acreditativa da situación das persoas con mobilidade reducida concederáselle a estas con carácter persoal e intransferible, de cara a favorecer o uso dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionada con ela.
Destinada a persoas con mobilidade reducida, segundo o baremo establecido no Real Decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, a declaración e a cualificación do grao de discapacidade, ou que teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao das limitacións na actividade igual ou superior ao 75%.
A concesión das tarxetas correspóndelle ó concello onde resida o interesado.
Pensión non contributiva de invalidez
Prestación económica individual de carácter periódico que asegura a tódalas persoas en situación de discapacidade cun grao igual ou superior ó 65% e en estado de necesidade unha prestación económica, asistencia-médico farmacéutica de balde e servizo sociais complementarios, aínda que non se teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para acada o dereito a unha pensión contributiva.
CONCELLO DE PORTO DO SON
Rúa Atalaia, 7
15970 · Porto do Son (A Coruña)
T: 981 867 412
Tels. Rexistro: 881 862 318 / 881 988 550 / 881 988 340