Escola de Música e Danza de Porto do Son
A Escola Municipal de Música de Porto do Son, está aberta a todas as persoas interesadas na aprendizaxe de diversos instrumentos musicais, pandeireta, piano, coro, gaita, percusión tradicional, guitarra, linguaxe musical….
As clases impártense na Casa da Cultura de Porto do Son, na Casa da Cultura de Portosín e no edificio municipal de Usos Múltiples situado en Porto do Son. As clases de danza son impartidas no edificio municipal “Escola de nenas”, de Porto do Son na rúa Jorge Lorenzo, nº 26.
Escola de Teatro e Teatro Musical
Este proxecto naceu no 2023, a Escola ofrece formación teatral (para todas a idades). Nela poténciase o desenvolvemento da confianza, a expresión emocional, a comunicación, a imaxinación e o traballo en equipo, utilizando para isto unha metodoloxía dinámica e interactiva. O principal obxectivo é aproveitar a potencialidade do teatro desde o punto de vista educativo e de desenvolvemento persoal. A Compañía Municipal está integrada pola veciñanza sonense apaixonada polo teatro.