Dende o Concello queremos  dinamizar a vida social e cultural,con ese obxectivo sempre en mente traballamos dende estas areas , programando durante o curso actividades culturais, artísticas e de ocio que se desenvolven no municipio. Organizando acontecementos que animen a relacionarnos e gozar da cultura, como as festas de Nadal,  o Entroido,  día das letras galegas, mostras de teatro, monólogos , festa da lectura, exposicións diversas (arte, pintura…) , entre moitos outros exemplos que fan do noso municipio un concello amigo da cultura.

Traballamos estreitamente coas asociación do municipio para que a cultura non pare.

BIBLIOTECAS

  • Porto do Son
  • Portosín
  • Miñortos
  • San Pedro de Muro

Escola de música

As materias impartidas na escola son as seguintes:

  • Escola de Baile
  • Grupo de Teatro

CASAS DE CULTURA

Casa da cultura de Miñortos, Portosín, Porto do Son, Baroña, Queiruga e Xuño, San Pedro

Novas

Últimas novas de Cultura, ocio, tiempo libre y turismo do Concello de Porto do Son

Eventos

Últimos eventos de Cultura, ocio, tiempo libre y turismo do Concello de Porto do Son

🖍 OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA con Inés Vázquez

7 Novembro 2024 @ 6:00 p.m. – 💙 Gozamos ao Son da Cultura! 🧒👧   FalaRedes tráenos un obradoiro de banda deseñada, cunha nova proposta de dinamización do uso da lingua galega co que achegarlle a todas as persoas que participen os elementos da linguaxe narrativa visual do cómic. Nun ambiente de traballo ameno, apoiado ademais con proxección de materiais visuais, unha …

Ler máis »

Bernarda. I Mostra de Teatro de Porto do Son

9 Novembro 2024 @ 9:00 p.m. – BERNARDA Bernarda, ao quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que sempre, como foi toda a súa vida, e que as “malas” influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma Con Luisa Merelas, Celia González e Paula Pier Autor e director: Jose Prieto Productor, Axte. de …

Ler máis »

🎭 I Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son

10 Novembro 2024 @ 6:00 p.m. – 💙 Gozamos ao Son da Cultura! 🧒👧   Cabicivai Un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode sair calquera cousa!!   Os contos de Pablisimo é unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os …

Ler máis »
Close Search Window