Cultura, ocio, tempo libre, Benestar social e igualdade|

A Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza (BarbanTEA), en colaboración co Concello do Porto do Son, organiza un servizo de préstamo de cascos de cancelación de ruído o 11 de setembro, para as vindeiras Festas do Carme de Porto do Son 2026.

A actividade, que ofrecerá de xeito gratuíto este servizo, está pensado para persoas que necesiten reducir o impacto sonoro das celebracións e poder desfrutar delas con maior comodidade.

Os cascos poderán recollerse o 11 de setembro, desde as 21:00 ata as 01:00 hras, na Avenida de Galicia 18. A devolución realizarase na 1ª planta da praza de Abastos.

Comments are closed.

Close Search Window