Benestar social e igualdade|

Información para persoas inmigrantes do Concello de Porto do Son nos trámites relativos á autorización de residencia temporal por circunstancias excepcionais e á reagrupación familiar.

Autorización de residencia temporal por circunstancias exepcionais – Arraigo Social

Requisitos:

  • Carecer de antecedentes penais nos últimos 5 anos
  • Non ter prohibida a entrada en España
  • Non atoparse dentro do prazo de compromiso de non retorno a España
  • Ter permanecido con carácter continuado en España durante un período mínimo de 3 anos
  • Ter vínculos familiares con outros estranxeiros residentes ou ben, presentar un informe de arraigo que acredite a integración social.
  • Contar cun contrato de traballo asinado polo traballador e empleador quye respecte o SMI ou o salario establecido no convenio colectivo aplicable.

Documentación necesaria:

  • Impreso de solicitude en modelo oficial (EX-10) por duplicado, debidamente cumprimentado e asinado pola persoa estranxeira
  • Copia completa do pasaporte con vixencia mínima de catro meses
  • Documentación acreditativa da permanencia continuada en España durante un período mínimo de 3 anos
  • Certificado de antecedentes penais expedido polas Autoridades do país ou países nos que teña residido durante os cinco últimos anos anteriores á entrada en España debidamente legalizado e apostillado
  • Documentación acreditativa dos vínculos familiares exixidos ou ben, informe de insersión social
  • Proposta de contrato de traballo
  • Documentación que acredite solvencia económica da empresa

 

A partir do mes de maio de 2025 entra en vigor a reforma da Lei de Estranxeiría. As modificacións máis significativas son: Se reduce o prazo de residencia en España a 2 anos e non se computarán os períodos de tempo nos que teña sido solicitante de protección internacional.

 

Reagrupación familiar

Requisitos:

  • Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea
  • Non atoparse irregularmente en territorio español
  • Carecer de antecendentes penais en España e nos seus países anteriores de residencia, nos últimos 5 anos
  • Non ter prohibida a entrada en España
  • Ter asistencia sanitaria por estar cuberta pola Seguridade Social ou contar cun seguro privado de enfermidade
  • Non padecer ningunha das enfermidades que poidan ter repercusións de saúde pública graves
  • Non atoparse, no seu caso, dentro do prazo de compromiso de non retorno a España
  • Ter aboado a taxa por tramitación do procedemento
  • O reagrupante terá todos os medios económicos suficientes para atender as necesidades da familia: Non serán computables os ingresos provintes do sistema de asistencia social
  • Dispoñer de vivenda adecuada
  • O reagrupante deberá ter residido en España durante un ano como mínimo de maneira regular e ter obtivo a autorización para residir, polo menos, outro ano
  • O familiar reagrupado poderá ser:
    • Cónxuxe ou persoa coa que o reagrupante manteña unha relación de afectividade análoga á coxugal
    • Fillos do reagrupánte e do cónxuxe ou parella, incluidos os adoptados, menores de 18 anos ou discapacitados
    • Ascendente en primeiro grao de reagrupante residente de longa duración ou longa duración-UE, ou do seu cónxuxe ou parella, cando estean ao seu cargom sexan maiores de 65 anos e existan razóns que xustifiquen a necesidade de autorizar a residencia en España

Documentación esixible:

  • Impreso de solicitude en modelo oficial (EX-02)
  • Copia do pasaporte completo
  • Copia da documentación que acredite que conta con emprego e/ou recursos económicos suficientes para atender ás necesidades das familias. Exemplo: contrato de traballo, nóminas nos últimos 6 meses e declaración da renta
  • Documentación acreditativa de dispoñer de vivenda adecuada. Informe expedido polo departamento de Servizos Sociais do Concello de residencia
  • Contrato de aluguer da vivenda ou título de propiedade
  • Copia do pasaporte completo e en vigor ou do título de viaxe do reagrupado
  • Copia da documentación acreditativa dos vínculos familiares ou de parentesco (certificado de matrimonio ou certificado de nacemento do fillos) ou esixencia da unión de feito ou da representación
  • No suposto de reagrupar cónxuxe ou parella:
    • Declaración xurada do reagrupante de non residir con él en España outro cónxuxe ou parella
    • Si está casado en segundas ou posteriores nupcias, resolución xudicial que fixe a situación do cónxuxe anterior e dos seus fillos
  • No suposto de reagrupar a ascendentes:
    • Documentación acreditativa de que o reagrupante durante o último ano de residencia en España transferiu fondos ou soportou gastos do ascendente
    • Documentación acreditativa de ter garantida asistencia sanitaria

 

CONTACTOS DE INTERÉS

 

 

  • POLICIA NACIONAL SANTIAGO (Oficina de estranxeiros)
    Trámite de solicitude de protección internacional. Teléfono: 981 551 150 (opción 3) (Cita previa de 10:00h a 14:00h). Dirección: Avenida de Rodrigo de Padrón nº 3. Santiago de Compostela.

 

Comments are closed.

Close Search Window