Sanidade|

As carrachas son pequenos parasitos externos que pertencen á mesma clase que as arañas. Son abundantes no campo, nos bosques e mesmo nos parques e xardíns, e aparecen dende principios da primavera ata finais do outono. Son hematófagos, o que quere dicir que necesitan chupar o sangue dos animais (mamíferos, réptiles e paxaros) para vivir e reproducirse. En ocasións, tamén pican aos humanos

No marco dunha acción de comunicación sobre as carrachas, a Dirección Xeral de Saúde Pública elaborou un tríptico coa información máis relevante sobre este vector, as enfermidades que transmiten e as medidas de protección; habilitando tamén un espazo propio dentro da súa web: https://www.sergas.es/Saude-publica/Carrachas

Se realizas actividades nas que esteas en contacto coa natureza, é importarte que coñezas estas recomendacións de prevención

Comments are closed.

Close Search Window