Xuventude e deporte|

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, recibiu esta mañá á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, que se achegou ata o municipio para coñecer as actuacións realizadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local, que contou cun apoio de 60.000 euros para levar a cabo a renovación da iluminación do campo de fútbol municipal ‘Emilio García’.

A dotación deste fondo está destinada á realización de obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal que se destinen á prestación de servizos ou ao exercicio das súas competencias.

Neste marco, realizouse unha reforma integral da iluminación, logrando unha solución eficiente nos elementos de sustentación das luminarias nas torres xa existentes de 18 metros de altura substituíndo os 16 focos actuais de 2.000 W por 20 luminarias de tecnoloxía LED.

Esta intervención tivo por obxectivo a diminución do consumo eléctrico en máis dun 54 %, o que supón un aforro de máis de 4.000 euros; a mellora da eficiencia enerxética da instalación e a redución dos custos de mantemento debidos ao tipo de lámpadas empregadas, tendo en conta a longa vida útil da tecnoloxía LED empregada.

Comments are closed.

Close Search Window