Obras|

Rematadas as obras de mellora da eficiencia enerxética da iluminación do Campo de Fútbol Municipal “Emilio García” de Porto do Son, cun orzamento de 63.998,23 euros, financiado pola Xunta de Galicia.

A actuación consistiu no cambio da instalación luminaria existente por proxectores LED de alta eficiencia co fin de optimizar a sostibilidade enerxética do centro deportivo, ao tempo que, grazas á longa vida útil da tecnoloxía LED empregada, se reducen os os custos de mantemento e se diminúe o consumo eléctrico.

Comments are closed.

Close Search Window