Medio Ambiente e cambio climático|

🗣 A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático felicitou a todos os concellos distinguidos este ano e salientou a importancia da Bandeira Verde de Galicia pola visibilidade que lles outorga como territorios «responsables e comprometidos» co impulso de diferentes tipos de accións e boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe; afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; xestionar de xeito responsable os residuos municipais, e sensibilizar á cidadanía nesta materia. Así mesmo, tal e como destacou a conselleira, Porto do Son revalida por quinto ano consecutivo a súa bandeira verde, o que o converte no único concello galego que foi premiado en todas as convocatorias realizadas ata o de agora

🌍🍃 A Bandeira Verde de Galicia é unha iniciativa creada pola Xunta de Galicia no ano 2020 que busca distinguir aos concellos máis dinámicos neste eido, desenvolvendo boas prácticas para o coidado da súa contorna, o respecto á paisaxe, a redución das súas emisións de CO2, a redución do consumo enerxético e moitas outras, cun distintivo que sexa recoñecido pola cidadanía e polos potenciais visitantes, fortalecendo a imaxe das vilas e pobos máis comprometidos nos ámbitos ambiental, paisaxístico e de respecto ao patrimonio natural

💙 Infinitas GRAZAS, Porto do Son!

A nosa gran sorte é contar con todas e todos vós, e é que esta bandeira é un logro común; é o froito dun gran traballo en equipo, dos bos actos da nosa veciñanza, da boa vontade por conseguir cada día un Porto do Son mellor

Sigamos polo bo camiño! 💚

ℹ️
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/006375/xunta-concede-bandeira-verde-galicia-24-concellos-polo-seu-compromiso-ambiental

Os comentarios están pechados.

Close Search Window