Emprego|

RE-ACCIONA é un programa do Igape – Instituto Galego de Promoción Económica en colaboración coa GAIN Axencia galega de innovación deseñado para apoiar ás pequenas e medianas empresas galegas en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a mellora da xestión financeira ou a optimización dos procesos de produción. Así mesmo, tamén se levarán a cabo iniciativas no eido da innovación.
Como principais novidades deste ano, o programa incorpora a prestación de servizos en catro novos eidos de actuación: o apoio a empresas emerxentes innovadoras, a análise do cumprimento normativo e os riscos legais (compliance), a captación e xestión do talento ou a promoción de melloras nos ámbitos ambiental, social e de gobernanza
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de NOVEMBRO, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Máis información en:
https://igape.gal/gl/pemes-e-autonomos/reacciona

Comments are closed.

Close Search Window