Un ano máis, volve o programa “Xuntos polo Nadal”.
A Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Prazas e destinos
Ofrécense un total de 270 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- Residencia de Tempo Libre de O Carballiño (Ourense)
130 prazas totais para as persoas solicitantes das provincias de Pontevedra e Lugo, distribuídas proporcionalmente segundo poboación:
Pontevedra: 97 prazas
Lugo: 33 prazas
- Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra)
140 prazas totais para as persoas solicitantes das provincias da Coruña e Ourense, distribuídas proporcionalmente segundo poboación:
A Coruña: 110 prazas
Ourense: 30 prazas
Datas e servizos
Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2025 e o día 7 de xaneiro de 2026, en tres quendas diferentes, das que só se poderá elixir unha:
• 23 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026 (16 días)
• 23 ao 30 de decembro de 2025 (8 días)
• 31 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026 (8 días)
Solicitudes:
As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable,formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.
Estes impresos están á disposición das persoas interesadas na páxina web https://politicasocial.xunta.gal/gl
Presentación de solicitudes desde o día 11 de novembro ata o día 25 de novembro de 2025 (ambos incluídos)
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, nesta ligazón.
Máis información:
Área de Benestar Social do Concello de Porto do Son
981867414
Familias Galegas
900 333 666

