Sanidade|

De novembro de 2025 a abril de 2026, levarase a cabo o Programa de Promoción da Saúde de Porto do Son, organizado pola Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS), da Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración co Concello de Porto do Son, co fin de fomentar os hábitos de vida saudables na poboación, en áreas como a actividade física, a alimentación saudable e o benestar emocional.

O venres, 14 de novembro, terá lugar unha sesión informativa sobre conceptos básicos e recomendacións de actividade física no adulto maior, ás 11:30 horas, no local do Club de Xubilados.

Inscricións en máis informacion no Departamento de Deportes de Porto do Son, no 981 76 75 89 ou en deportesdoson@gmail.com

Comments are closed.

Close Search Window