A Xunta de Galicia lanza o programa GALICIA EMPREGA para promover a contratación de 1.700 persoas desempregadas.
A actuación ten como fin a contratación indefinida e a tempo completo das persoas de colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como a mocidade, mulleres, persoas paradas de longa duración, de 52 anos ou máis, emigrantes retornadas ou estranxeiras coa finalidade de aproveitar e reter o seu talento.
A convocatoria de achegas está dirixida ás persoas empregadoras e empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos os autónomos e as sociedades civís, así como as entidades sen ánimo de lucro, centros especiais de emprego e empresas de inserción.
O prazo de presentación de solicitudes abrirá o vindeiro 31 de XANEIRO e prolongarase ata o 30 de SETEMBRO de 2025.
Máis información en:
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
