
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publica as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2024.
Cal é a finalidade destas axudas?
Apoiar a transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica.
Que entidades poden ser beneficiarias?
Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dalgún dos seguintes procesos:
a. Constitución por ausencia de remuda xeracional
b. Constitución por persoas autónomas
c. Constitución por transformación
-
- Transformación de todo tipo de sociedades en cooperativas ou sociedades laborais
- Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do seu obxecto social e de transformación nunha sociedade laboral ou nunha cooperativa
Cales son os conceptos subvencionables?
• Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social
• Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade
• Obtención de certificacións de calidade
• Márketing, comunicación ou relanzamento comercial
• Plan de protección de datos
• Equipamento informático
• Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web
• Mellora na eficiencia enerxética
• Adquisición de equipamento
• Reforma do local de negocio
• Mobiliario
• Elementos de transporte
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 16 de setembro de 2024.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.