O IMSERSO convoca a través da Resolución do 4 de xuño do 2026 (BOE núm. 144, do 13 de xuño do 2026) o período de presentación de novas solicitudes de participación no PROGRAMA DE TURISMO 2026-2027.
REQUISITOS:
a. Ser pensionista de xubilación do sistema de Seguridade Social español.
b. Ser pensionista de viuvez do sistema de Seguridade Social español con 55 ou máis anos.
c. Ser pensionista por outros conceptos do sistema de Seguridade Social español ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos.
d. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 ou máis anos.
e. Españois emigrantes que retornaran a España sempre que sexan pensionistas do sistema público de pensións dos países aos que emigraran.
f. Valerse por si mesmo para as actividades básicas da vida diaria.
As persoas usuarias poden ir acompañadas polo/a cónxuxe ou parella de feito e fillos con discapacidade en grao igual ou superior ó 45 %.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ás oficinas municipais de Servizos Sociais, chamar ao teléfono 981 86 74 14, ou a través desta ligazón
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 22 de xuño ata o 10 de xullo do 2026.

