Un camiño curto, amable, accesible a todas as persoas e cuns atractivos paisaxísticos, históricos e culturais para gozar.
Así é o itinerario recollido na Guía O Camiño de Santiago da Ría da Estrela, que foi presentada na Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela coa presenza do presidente da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia, Santiago Freire; o Director da Fundación da Catedral, Daniel Lorenzo; o autor, Antón Pombo, historiador, escritor, xornalista e un dos maiores expertos nos Camiño de Santiago; a deputada da Área de Dereitos da Deputación da Coruña, Soledad Agra; o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e o concelleiro de Deportes e Xuventude, Carlos Lorenzo.
A obra recolle os itinerarios das distintas etapas e ofrece consellos e informacións para facer máis doado a experiencia dos peregrinos desta ruta.


