Hoxe, 3 de xullo, a Casa da Cultura de Porto do Son acolleu a presentación da exposición de pintura “El arte en busca del sueño perdido”, do autor granadino afincado no municipio sonense, Manuel de Hueso.
A presentación contou coas intervencións do alcalde, Luis Oujo; a concelleira de Cultura, Alicia Martínez; a técnica de Cultura, Lidia Moledo e o propio autor, Manuel de Hueso.
Así, un total de 35 obras repartidas e expostas nas Casas de Cultura de Porto do Son e Portosín estarán a disposición de todas as persoas que desexen visitalas durante todo o mes de xullo. Na Casa da Cultura de Porto do Son, o horario será de 8.00 a 14.00 h e de 19.00 a 21.00 h, mentres que na Casa da Cultura de Portosín, será de 8:00 a 14:00 h.
No caso de que as persoas visitantes o desexen poderán mercar as obras expostas.




