Mar|

O Concello de Porto do Son acollerá o foodtruck da campaña Galicia sabe aMarorganizada pola Consellería do Mar co foco posto en difundir os beneficios nutricionais dos produtos do mar, así como tamén promover o consumo e venta de pescado e marisco de proximidade.

No marco desta campaña gastronómica, instalarase un foodtruck con degustacións de balde durante o Campionato Provincial de Cros de Porto do Son, este 28 de marzo. Estará ubicada no Campamento Virxe do Loreto, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Máis información

Comments are closed.

Close Search Window